O cadro branco fixo unha xornada máis boa a súa condición de local e derrotou nun partido moi completo ao Bisontes Castellón, na data inicial da segunda volta ligueira.
Catro xornadas despois, o Noia Portus Apostoli volveu a sumar os tres puntos, no encuentro que ademais de ser o primero do ano, supoñía o comezo da segunda volta da competición doméstica, que os enfrentou a un Bisontes Castellón que se viu superado practicamente en todo momento polo bloque local.
Aínda que a primeira aproximación correspondeu ao equipo castellonense, cedo o Noia Portus Apostoli FS demostraría as súas ganas de impoñer o libreto marcado por Marlon Velasco no parqué do Agustín Mourís.
Cunha forte presión en fase defensiva e bastante suficiencia para salir de presión conforme avanzaban os minutos, os noieses atopábanse cómodos nunha pista donde a atmósfera era a habitual, co apoio incondicional do seu público nas gradas.
Así, as ocasións sucedíanse con asiduidade sobre a portería de Nacho Serra, estando nas botas de Dani Colorado e Pizarro as máis claras. Tamén os visitantes, que estreaban entrenador con José Escrich na banda, tiveron as súas oportunidades que obrigaron a Álex Pérez a empregarse a fondo.
Aínda así, a sensación de dominio e control pertencía ao cadro noiés, acostumado a iso na súa casa, pero normalmente acusando de falta de efectividade ante o marco rival, como tamén este sábado. Afortunadamente, no 11’ Antonio Diz abreu o marcador facendo bo un balón que quedou solto na área visitante.
O gol deixou constancia do control que o cuadro de Marlon Velasco exercía sobre o partido e sobre un rival que buscaba nivelar de novo o electrónico con accións rápidas, pero sen efecto.
Bordeando xa o tiempo de lecer, un saque de banda favorable ao Noia Portus Apostoli convertiríase no 2-0. Un pillo Sergio Quílez poñía en xogo o esférico con rapidez dirección a Lluc, que aproveitando unha defensa descolocada, executaba un zurdazo directo á rede. Un tanto que firmou o resultado de 2-0 co que os xogadores encararían vestiarios.
Descanso, Noia Portus Apostoli FS 2-0 Bisontes Castellón
A segunda metade comezou cunha ocasión clarísima para o cadro local, en botas dun Antonio Diz que viu como Serra sacaba o seu tiro sobre a liña de gol. O primeiro síntoma do que serían uns minutos nos que se volcaron os de Marlon Velasco sobre a portería contraria.
Porén, un día máis semellaba estar mollada a pólvora noiesa. Tentábano Dani Colorado, que se estrelaba co largueiro, Sergio Quílez, Palmas e o recén chegado Vargas, que debutaba coa camiseta branca e enviaba un disparo ao pau.
Non se quedaría coas ganas o andaluz, e no 31’ convertiría a súa estrea nunha soñada, ao enviar directamente á rede un pase filtrado á área nun saque de esquina. Con esta diana, Vargas colocaba unha distancia que deixaba moi cerca os tres puntos do Agustín Mourís.
Non obstante, apenas dous minutos despois do gol, os colexiados castigaban en exceso as defensas noiesas, ata provocar que o marcador reflexara cinco faltas no casilleiro local. Unha situación na que José Escrich engadiu máis carne ao asador introducindo o xogo de cinco, con Pipi como porteiro-xogador.
Funcionaría a estratexia ao cadro castellonense, que no minuto 37 reducía diferenzas produto dun disparo lonxano de Jaime Peiró ante o que nada puido facer Álex Pérez.
Uhna ocasión que Juanito non acertou a impactar co balón no segundo pau e un tiro cruzado de Peloncha puideron provocar un final de infarto no Mourís, pero nin un nin outro acabaron na rede e o partido morreu coa primeira vitoria do ano para o Noia Portus Apostoli FS.
Final do partido, Noia Portus Apostoli FS 3-1 Bisontes Castellón
Inmellorable forma de comezar o 2020 e a segunda volta para un Noia Portus Apostoli FS que, con este triunfo, mantense sétimo con 27 puntos, trece de diferencia co descenso e a tan só un do PlayOff de ascenso. A sete unidades están do próximo rival, que non é outro que o líder da categoría, o Real Betis Futsal, ao que visitarán en sete días en Sevilla.
Ficha técnica:
Noia Portus Apostoli FS: Álex Pérez (p), Pizarro, Javaloy, Lluc e Dani Colorado. Tamén xogaron Palmas (c), Antonio Diz, Sergio Quílez, Porto, Pablo Salado e Vargas.
Bisontes Castellón: Nacho Serra (p), Pipi, Lorca, Peloncha e Chema. Tamén xogaron Jaime Peiró, Rangel, Óscar Maeso, Álex e Juanito (c).
Goles: 1-0 Antonio Diz (11’), 2-0 Lluc (19’), 3-0 Vargas (31’), 3-1 Jaime Peiró (37’).
Os colexiados Calleja Rubio e Hevia Campa amonestaron aos visitantes Chema (7’), Maeso (16’), Nacho Serra (30’) e Rangel (39’).
Comments