top of page

O Noia Portus Apostoli visita Outes

A segunda parada da iniciativa "O Noia Portus Apostoli na escola" levou aos noieses ao concello outiense.

Marlon Velasco, ante a mirada de Denis e Sergio Quílez, no colexio CEIP Outes

Despois de poñer en marcha "O Noia Portus Apostoli na escola" a semana pasada no Colexio Jaime Balmes, o club branco continou este mércores coa visita ao CEIP de Outes.


Os alumnos de quinto e sexto de primaria do centro escolar outiense compartiron unha hora con Marlon Velasco e Pablo López, primeiro e segundo adestrador do primeiro equipo noiés, ademais de cos xogadores Denis e Sergio Quílez.


O técnico branco ensinou os aspectos básicos do noso deporte aos nenos e nenas presentes, ademais de presentar algúns dos mellores momentos do primeiro plantel e os valores que forman o club e a nosa escola deportiva.


Por último, os máis acertados/as tiveron a sorte de levar uns agasallos e obsequios despois de responder de forma efectiva as preguntas que lles formularon, ademais de fotografarse con Sergio Quílez e Denis, nun recordo que de seguro gardarán para sempre.

Comments


bottom of page