top of page

O Noia Portus Apostoli volve á escola

Corpo técnico e xogadores do primeiro equipo noiés visitan o Colexio Jaime Balmes, no primeiro dos desprazamentos que forman parte do novo proxecto da área social do club, "O Noia Portus Apostoli na escola".

Palmas, Álex Pérez, Álex Naranjo, Lluc e Vargas cos nenos de secundaria do Jaime Balmes

Da mesma forma que a temporada pasada, o Noia Portus Apostoli FS proponse achegar os valores do club e do deporte do fútbol sala aos nenos e nenas da vila e a comarca.


Este curso a aposta dos noieses neste aspecto é maior, xa que coa recén creada área social do club a intención e chegar a máis dunha decena de centros escolares para expandir a súa marca. Iso afirmaba Javier Barreiro, director deportivo do Noia Portus Apostoli FS, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Mariola López, concelleira de educación, e Laura Salgado, concelleira de deportes.


O primeiro dos colexios en gozar da presenza do Noia Portus Apostoli FS foi o Jaime Balmes. Nenos de educación primaria e secundaria deste centro asistiron á charla didáctica impartida por Marlon Velasco e Pablo López, primeiro e segundo adestrador, respectivamente, do primeiro equipo noiés, na que tamén participaron os xogadores Palmas, Vargas, Álex Pérez, Álex Naranjo e Lluc.


Os nenos e nenas do Jaime Balmes tiveron a oportunidade de descubrir todas as actividades que realiza o cadro noiés e o club no seu día a día e en xeral, poñendo énfase na escola deportiva, así como outras curiosidades do fútbol sala.


Por último, os xogadores e corpo técnico deixaron as súas firmas e fotografiáronse cos nenos e nenas que llelo pediron a modo de recordo desta visita especial, da que os máis afortunados saíron con obsequios co club en forma de chaveiros, bufandas e camisetas.


Máis fotografías dispoñibles no noso Facebook.

bottom of page