top of page

Pirata: “Hai que quedarse cos bos momentos que tivo o equipo”

O ala-pívot do cadro branco, nomeado MVP Munich da final da XXIX Copa Galicia, falaba no post partido sobre a caída dos seus.

Pirata executa un pase ante Javi Rodríguez

Unha derrota, e máis nunha final, só pode deixar “sensacións loxicamente tristes, queriamos gañar o partido”, como recoñecía Pirata ante os micrófonos, despois do 5-2 que encaixou o seu equipo na final da XXIX Copa Galicia, diante do Pescados Rubén Burela.


Aínda así, o lucense instaba a que “hai que quedarse cos bos momentos que tivo o equipo, que soubo repoñerse a unha situación bastante complicada, o equipo saiu na segunda parte con outra actitude e fíxose un bo traballo” e a facer fincapé en “corrixir eses erros de desconexión”.

Uns fallos que propiciaron ese 5-1 ao descanso que foi definitivo. “É complicado, son catro goles de diferencia contra un equipo de Primeira División e de moita calidade”, afirmaba Pirata.


Coas Copas finiquitadas, no vestiario noiés son conscientes de que, xa 100% en Liga, “temos que seguir traballando como ata agora e seguir sumando puntos, competindo e intentar tirar para arriba todo o que poidamos”.

Σχόλια


bottom of page