top of page

POST PARTIDO | Javi Rangel: “Grazas aos pequenos detalles conseguimos levarnos o partido”

O home do partido, elixido como tal, falaba ante as cámaras despois de conquistar e celebrar o título de campións de Copa Galicia.

Unha das pezas fundamentais en Marín foi Javi Rangel. O catalán amosaba o sentir dun vestuario no que todos estaban “moi, moi contentos” despois de lograr o título de Copa Galicia. “Viñamos preparando o partido ao detalle”, recoñecía Rangel, satisfeito por levar o choque “ao noso terreo, ao que practicáramos durante a semana, e grazas aos pequenos detalles conseguimos levarnos o partido nos penaltis”.


Non sorprendeu a Rangel e os seus compañeiros a intensidade dun partido que “sabiamos que ía a ser moi duro, ademais no escenario que era, unha final, a motivación extra polo título”. Ambos equipos cumpriron as expectativas, cos noieses querendo “terminar da mellor maneira posible esta temporada”, e aínda que, “sufrimos” conseguiron facelo.


A súa actuación, na que por riba da súa entrega, intensidade e ambición xa habituais, destacou un importante gol. “Grazas aos compañeiros, sen eles este trofeo non sería posible. Loitamos todos ata o final e por fin somos campións da Copa Galicia, por primeira vez”, pechaba Rangel.

bottom of page