Triunfo na casa e gol: debut soñado para o peche brasileiro, o último chegado á familia noiesa que sumou para aproximarse á gran final da XXX Copa Galicia.
Se alguén tiña que estar feliz na noite do mércores no Agustín Mourís, ese era Marcelo. O peche brasileiro debutou coa camiseta noiesa e sumou unha diana ao triunfo do seu equipo. “Moi contento polo partido, polo gol, moi feliz pola vitoria do equipo que o fixo moi ben. Agora a traballar para o próximo”, expresaba Marcelo ante as cámaras.
Fíxose rogar, pero ao fin chegou o momento de saltar á pista co primeiro equipo: “estaba agardando por este momento para poder gozar dos partidos. Grazas a deus fun feliz, polo gol e pola vitoria”. Pero no vestiario noiés teñen claro que non hai nada feito, e hai que seguir e “a traballar polo partido da volta. O noso obxectivo é pasar á final, se pode ser, para conseguir ese título e pechar o ano co broche de ouro”.
Comments