top of page

POST PARTIDO | Álex Diz (Pescados Rubén Burela): “Queda un partido e intentaremos darlle a volta”

O Burela adiantouse no marcador por medio dun golazo seu, pero acabou cedendo e rematando a ida por detrás no Agustín Mourís ante o empuxe noiés.

O Noia Portus Apostoli FS tomou a dianteira na eliminatoria de semifinais da XXX Copa Galicia fronte a un Pescados Rubén Burela que, como recoñecía o seu xogador Álex Diz, sabía que ía a ser un partido “moi difícil, Noia está nunha temporada moi boa, é campión de Liga e equipo de Primeira. Ímonos cun resultado negativo, pero queda un partido de volta no que intentaremos darlle a volta á situación”, afirmaba.


Os noieses fixeron a súa diferenza grazas a que “xogan moi ben con pívot, na primeira mantivémonos moito mellor que na segunda” e a que “o partido volveuse algo máis tolo, houbo máis contras, e non nos beneficiou”, apuntaba Diz.


Agora, aos laranxas só lles queda tentar remontar a eliminatoria en maio, no choque de volta: “coa xente de Burela esperamos que nos axude, son dous goles de diferenza pero confío neste equipo, a pesar de que en Liga non nos están saíndo as cousas. Temos que ir a por todas para conseguir o pase á final”.

bottom of page