top of page

Presentada a temporada 2019-2020 da base noiesa

Os pais e nais dos xogadores das categorías inferiores puideron ter unha primeira idea do que será o novo curso deportivo.



O encargado da área administrativa das categorías inferiores do Noia Portus Apostoli, Manolo Seijas, deu a coñecer todos os detalles da nova temporada nunha reunión informativa cos pais e nais dos xogadores/as da base do club celebrada na tarde de onte.


En primeiro lugar avanzando o que serán os horarios de adestramentos para cada categoría (na fotografía de arriba), coa novidade de que tan só un día se terán que desprazar algún dos equipos a outro pavillón que non sexa o Agustín Mourís, sendo o mércores cando os benxamíns, cadete e xuvenís gozarán das súas sesións no pavillón de A Barquiña.


Nesta 2019-2020, en principio, todos os conxuntos das categorías inferiores disputarán a Liga Galicia – Santiago de Compostela, coa principal novidade de que cada dous fins de semana os nosos equipos xogarán un partido en Noia.


Manolo Seijas, que insistiu en pedir aos pais e nais presentes “compromiso” co club, tamén adiantou que a grande maioría dos equipos contará no corpo técnico con presenza de xogadores do primeiro equipo do Noia Portus Apostoli, nun intento de aproximar as súas figuras coa base.


Para este novo curso a roupa será renovada, contando cun pack que inclúe camiseta de xogar e adestramento, suadoiro, chándal e mochila, cun prezo de arredor de 90€. A proba da roupa realizarase na segunda semana de adestramento, no propio pavillón, e a entrega final do pack está prevista para o 15 de outubro.


Despois das sesións de portas abertas de xuvenís e cadetes, nas seguintes semanas seguirán a realizarse nas demais categorías, coas seguintes datas programadas:


Infantil: martes 10 e xoves 12 de setembro

Alevín: luns 16 e mércores 18 de setembro

Benxamín: martes 17 e mércores 18 de setembro

Prebenxamín: martes 17 e xoves 19 de setembro

Biberón: luns 16 e martes 17 de setembro

Kommentare


bottom of page