top of page

PREVIA FILIAL | 5 Coruña FS-Noia Portus Apostoli B | A Coruña coa idea de seguir medrando

-Cos primeiros tres puntos no peto, o conxunto filial visita a cidade da Torre de Hércules na terceira xornada do campionato de Terceira División.


-O partido disputarase o domingo 3 de outubro ás 12:00 horas no Pavillón do Barrio de las Flores.


A terceira parada na segunda viaxe do Noia Portus Apostoli B no campionato ligueiro de Terceira División lévaos a visitar ao 5 Coruña FS na matinal deste domingo, nun duelo no que os noieses tentarán continuar coa súa progresión e engadir máis puntos ao casilleiro estreado a pasada xornada.


Coa moral da vitoria lograda diante do FS Pontedeume e unha semana máis de traballo e asimilación de conceptos, os de Palmas presentaranse no Pavillón do Barrio de las Flores para verse as caras cun 5 Coruña FS que nas dúas primeiras datas co curso firmou un empate na cancha dos pontedeumeses (2-2) e conseguiu os tres puntos de forma contundente recibindo ao Carballiño FS (9-2), polo que aínda non coñecen a derrota.


Os brancos toparanse en A Coruña cun cadro xoven, que como club xa conta con ampla experiencia na categoría e ambiciona seguir dando pasos adiante con xogadores como Lukas Ramos ou Iván Fernández, quen xa completaran parte da pretemporada co primeiro equipo do Portus Apostoli, froito do acordo de colaboración que ambas entidades manteñen.


Porén, as amizades desaparecerán a partir das 12:00 horas deste domingo durante corenta minutos, nos que os tres puntos que tanto locais como visitantes buscarán para continuar subindo postos na táboa e confianza nos seus efectivos.

bottom of page