top of page

PREVIA X5 FILIAL | Carballiño FS-Noia Portus Apostoli B

O conxunto de Palmas buscará conseguir a súa cuarta vitoria seguida a domicilio, este sábado 15 a partir das 16:00h no Pavillón Paco Chao de O Carballiño.

O Noia Portus Apostoli B habita actualmente no chamado estado de graza. Á derrota da primeira xornada seguíronlle tres triunfos consecutivos que colocan aos filialistas nunha posición privilexiada. A mesma que ocupa un Carballiño FS que posúe tamén 9 unidades no seu casilleiro, e que non llo poñerá nada sinxelo na súa pista aos noieses para tratar de ampliar a súa xeira positiva de resultados.


Tres vitorias nas que os de Palmas amosaron pingas do que queren que sexa o seu xogo e, sobre todo, competiron ao máximo, algo que custa ver nun equipo tan xoven e que é requisito indispensable nunha igualadísima Terceira División. É por iso que, unha xornada máis, ao obxectivo de sumar tres importantes puntos máis únese o continuar medrando como equipo dentro do 40x20.


Saben ben os noieses que o Carballiño FS, e máis na súa pista, suporá unha nova proba do algodón interesante para descubrirque zona poden ocupar na táboa durante o curso. Os ourensáns chegarán ao envite este sábado despois de encaixar unha derrota, por 7-2 en Begonte, que freou o seu fantástico inicio con tres vitorias, dúas delas na casa contra 5 Coruña FS (5-4) e Cidade de Narón (7-4).


Un impecable local que baterá contra un impecable visitante. Ese último é un Noia Portus Apostoli B empeñado en contridecir a lóxica unha xornada máis e que os sorrisos no seu vestiario sigan protagonizando cada final de partido por cuarta ocasión seguida.

bottom of page