top of page

PREVIA FILIAL | CD Beade MVMB Copefri-Noia Portus Apostoli B | A competición esixe sumar

Tras o parón, o filial afronta a xornada 22 dunha Terceira División que cada semana está máis igualada na zona media e baixa.
O encontro disputarase este sábado 5 de marzo no Pavillón IES Beade a partir das 16:30h.

Outro duelo directo por diante para o Noia Portus Apostoli B. E tal e como se están poñendo as cousas nesta Terceira División, case todos o van a ser de aquí a final de curso. Os equipos da zona baixa apretan e non deixan desconectarse da loita pola salvación tanto aos noieses como ao seu rival desta fin de semana, o CD Beade MVMB Copefri.


Por iso, no Pavillón IES Beade poñeranse en xogo este sábado 5 de marzo a partir das 16:30h tres puntos importantes para seguir escarvando en dirección aos postos de PlayOff. Precisamente son eses os puntos que separan aos noieses, 7º con 28, e aos beadeses, 9º con 25 e un partido máis xogado que os nosos.


Trala vitoria contra o Concello de Begonte FS chegarán a esta pequena parroquia viguesa os brancos, visitando a un rival que non sumou nos seus dous últimos compromisos contra o FS Pontedeume e o 5 Coruña FS. No envite da primeira volta, o Agustín Mourís veu un empate a dous tantos.


Nove xornadas restan para a finalización dunha Terceira División moi emocionante, na que o Noia Portus Apostoli B quere coller canto antes o vagón da salvación e achegarse, no proceso, aos postos de honra.

bottom of page