top of page

PREVIA FILIAL | Concello de Begonte FS-Noia Portus Apostoli B | Buscando a reacción

-O conxunto filialista disputará no municipio lucense a sexta xornada do campionato de Terceira División.


-Despois de tres derrotas seguidas, os noieses queren reaccionar volvendo a sumar nunha saída complicada este sábado 23 a partir das 18h.


O Noia Portus Apostoli B visita ao Concello de Begonte FS (sábado 23, 18:00h) cunha soa meta: volver a sumar puntos ao seu bolsillo. Son xa tres as xornadas consecutivas nas que os brancos saen sen recompensa, e queren poñerlle freo a esa dinámica negativa o antes posible.


Non pudio ser contra o 5 Coruña FS, partido no que chegaron a ir gañando, tampouco diante do Carballiño FS, que acabou goleando, nin na visita do Xove FS, ante o que se loitou sen premio. Encontros distintos, mais contra todos eles os erros propios foron a clave das derrotas.


Saben os noieses que deben corrixir iso o antes posible para non caer posicións e que os rivais que teñen por diante non se vaian, como é o caso do Concello de Begonte FS. Con 6 puntos, os begonteses 11º, dous postos e tres puntos por riba do Portus Apostoli B. Ningunha das dúas vitorias dos que serán locais este sábado se produciron no Municipal de Baamonde, senón que chegaron fóra da casa (3-4 en Bueu e 1-2 en Coruña).


Unha xeira que, de seguir a partir desta data, significará que o Noia Portus Apostoli B recuperou parte da boa senda que no vestiario se centran en retomar e logrou puntos bastante importantes para este duro viaxe na Terceira División.

bottom of page