top of page

PREVIA FILIAL | FS Pontedeume-Noia Portus Apostoli B | Os nosos non queren deterse

Gañar lonxe do Mourís presúmese vital para que o logrado como local polo conxunto filialista teña continuidade na táboa da Terceira División.
O encontro comezará este sábado 22 de outubro ás 20:00 horas no Pavillón A Casqueira.

Se o Noia Portus Apostoli B se sitúa actualmente na sétima praza da clasificación é fundamentalmente polo seu desempeño como local. Se os noieses pretenden seguir deixando atrás a zona baixa da táboa, precisan sumar lonxe do Agustín Mourís, comezando pola visita ao Pavillón A Casqueira de Pontedeume este sábado.


As tres derrotas consecutivas como visitante penalizan a boa xeira en Noia de cinco vitorias consecutivas, alongada coas dúas últimas fronte o Vigo 2015 e o ADFS Bueu coas que os brancos se presentarán en Pontedeume na 17ª xornada do campionato.


Diante, os noieses atoparanse cun FS Pontedeume moi necesitado de puntos. Con 11 unidades, os pontedeumeses ocupan un 13º posto que significaría a perda de categoría e atravesan unha dinámica moi negativa, con sete derrotas seguidas.


Un duelo de momentos moi contrarios agarda este sábado a partir das 20:00 horas no Pavillón A Casqueira de Pontedeume. Alí, o Noia Portus Apostoli B buscará repetir o triunfo da primeira volta e acumular por primeira vez no curso tres vitorias consecutivas que lles permitan seguir escalando postos na clasificación.

bottom of page