top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-ADFS Bueu | A comezar a segunda volta con bo pé

Os noieses repiten enfrontamento por primeira vez na temporada cun duelo directo no Agustín Mourís, previsto para o domingo 16 ás 18:00 horas.

A segunda parte do viaxe do Noia Portus Apostoli B 2021/2022 pola Terceira División comeza este domingo, recibindo ao ADFS Bueu en partido da xornada 16 do campionato ligueiro, ou o que é o mesmo, un choque entre noveno e oitavo.


Os noieses, de doce na súa condición de local con catro vitorias consecutivas no Mourís, intentarán lograr a quinta ante os bueuenses, situados inmediatamente enriba deles na táboa coa mesma puntuación, 19 unidades.


No vestiario branco son conscientes da importancia de alongar a boa xeira esta xornada. En primeiro lugar, provocaría avanzar polo menos unha posición na clasificación, coa posibilidade de gañarlle o goal average ao ADFS Bueu. E por outra banda, supoñería seguir apretando unha zona media que está que arde.


No encontro da primeira volta, pertencente á primeira xornada, un Noia Portus Apostoli B con escasa rodaxe caeu por 4-2. Lonxe queda xa aquel 18 de setembro no que se disputou o partido, e iso quere demostrar o filial noiés dándolle a volta ao marcador e lograr no proceso tres puntos máis.

bottom of page