top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Carballiño FS | Só pensando en sumar

-Primeiro de dous partidos consecutivos na casa para o conxunto filialista noiés, no que recibirán a un esixente rival.


-Domingo 10 de outubro ás 17h dará inicio este encontro da xornada 4 do campionato de Terceira División.


Dúas fin de semanas importantes por diante para o Noia Portus Apostoli B, comezando por este domingo, cando recibirán ao Carballiño FS a partir das 17h, no que será o primeiro dos dous encontros que os noieses afrontarán de forma seguida como locais.


Ata o momento, dos tres partidos disputados polos de Palmas só nun lograron os seus rapaces puntuar: no único xogador no Mourís, logrando o máximo premio dos tres puntos ademais. Por certos detalles tanto en Bueu como en A Coruña os noieses voltaron de baleiro.


Con iso na mente, o filial encara esta dobre cita en Noia coa motivación que require, mais consciente da dificultade do reto. O primeiro rival será un Carballiño FS con dúas vitorias nos tres primeiros partidos (4-1 vs Troula Betanzos e 4-3 vs Sport Sala), mais severamente derrotado polo 5 Coruña FS no seu único encontro a domicilio (9-2), marcadores que os sitúan oitavos na táboa, dous lugares por riba dos nosos.


A temporada pasada os brancos e os ourensáns xa se viron as caras no Grupo B de Terceira, no que terminaron segundo e terceiro, respectivamente, repartíndose as vitorias nos seus enfrontamentos. Ao igual que o Portus Apostoli B, os de Carballiño tamén caeron nas semifinais polo ascenso.


Para eses desafíos aínda queda moito camiño, e polo momento queda ir tentanto tomar a posición máis alta posible na clasificación para pasar os menos apuros posibles, algo que o Noia Portus Apostoli B buscará lograr no favorbale escenario que se lle plantexa nas dúas próximas xornadas.

bottom of page