top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Concello de Begonte FS | Manter o fortín

O conxunto filialista recibe ao quinto clasificado coa ambición de esquecer o resultado da anterior fin de semana e sumar tres puntos que permitan mirar cara arriba.
A partir das 18:00h do domingo 20, noieses e begonteses poñen en xogo a súa xornada 21 da Terceira División no Agustín Mourís.

Borrón e conta nova para o Noia Portus Apostoli B, que volve a xogar como local, coa confianza que iso lle outorga, este domingo, cando recibirá ao Concello de Begonte FS en partido da xornada 21 da Terceira División.


Como xa fixera ante outros rivais situados por riba na clasificación como o Vigo 2015 ou o Sport Sala FS, os brancos queren demostrar a grande fortaleza que posúen no seu feudo ante o quinto clasificado da táboa.


O Concello de Begonte FS, cun partido pendente ao igual que os noieses, chegan a Noia marcando a última posición que dá acceso ao PlayOff de ascenso con 31 puntos, 6 máis que un oitavo Portus Apostoli B, e despois de derrotar ao 5 Coruña FS por 2-1.


No encontro de ida, o triunfo caeu do lado begontés por un axustado 5-3 que se definiu con dúas accións de mala fortuna para os noieses cando o marcador ía 3-3. Agora, dende o vestiario do cadro filial amósanse convencidos en devolverlle o resultado ao seu rival deste domingo e seguir picando pedra no obxectivo da salvación.


bottom of page