top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-FS Pontedeume | Empezar a facer da casa un fortín

-Debut como local para o Noia Portus Apostoli B, que tentará construir un Agustín Mourís moi complicado para os rivais desde esta xornada.


-O encontro está encadrado para este domingo 26 de setembro a partir das 18:00 horas.


O FS Pontedeume será o primeiro contendente en enfrontarse este curso ao filial noiés no Agustín Mourís, lugar que o conxunto branco ansía converter en terra hostil para cada equipo que o visite, comezando por esta segunda xornada.


Entenden os compoñentes do Portus Apostoli B a importancia de facerse fortes na condición de local, nunha categoría na que as boas xeiras de resultados poden alterar significativamente os estados na clasificación, máis despois de caer derrotados na primeira xornada en Bueu.


Dese encontro da primeira data do campionato, o debut competitivo nesta temporada 2021/2022, saiu o filial con varias leccións e axustes a realizar en aras de mellorar as súas prestacións e empezar a colleitar puntos nas seguintes semanas.


De empatar (2-2) co 5 Coruña FS vén o FS Pontedeume, que a campaña pasada logrou a permanencia de maneira cómoda e nesta ambiciona seguir crecendo na que, ao igual que para o Noia Portus Apostoli B, é a súa segunda experiencia na categoría.


A partir das 18h deste domingo, proba de carácter para o filial, en busca de demostrar progresión despois da primeira cita do curso e tamén dos primeiros puntos do mesmo.

bottom of page