top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Sport Sala FS | Recuperar o bo camiño

O conxunto branco tentará volver ao camiño dos puntos esta fin de semana, cando reciba aos de Culleredo na xornada 11 da Terceira División.

O encontro comezará ás 18:00 horas do domingo 28 no Municipal Agustín Mourís.


Oportunidade para redimirse a que terá este domingo o Noia Portus Apostoli B, que quere desfacerse das malas sensacións do anterior partido diante do Sport Sala FS, cadro contra o que disputará o seu partido da xornada 11 a partir das 18h.


Despois de caer a domicilio na cancha do Troula Betanzos FS, os noieses precisan, tanto no aspecto mental como no deportivo, retornar a sumar canto antes para non perder distancia cos equipos situados diante na táboa e alonxarse dos que están debaixo.


Seis unidades separan a unha serie de nove equipos que se pecha co Noia Portus Apostoli B, 13º clasificado con 10 puntos, e que se abre cos rivais dos brancos, o Sport Sala, 5º na táboa con 16. Un exemplo que amosa o igualado desta Terceira División, sobre todo na súa zona media.


Se esa distancia se encontra un pouco más reducida o luns, será unha boa señal para un Portus Apostoli B precisado de sacar a cabeza do lugar que actualmente ocupa.

bottom of page