top of page

PREVIA FILIAL | Pizarras los Tres Cuñados-Noia Portus Apostoli B | Dura saída como exame á boa xeira

Os noieses, que veñen de tres vitorias consecutivas, visitan en Calabagueiros ao cadro de O Barco de Valdeorras, en postos de descenso pero á alza nas últimas xornadas.
O encontro, da xornada 24 ligueira, comezará ás 16:00 horas do sábado 19 de marzo.

Por primeira vez en moito tempo, o Portus Apostoli B rematou unha xornada en postos de PlayOff de ascenso. Os tres triunfos seguidos contra Concello de Begonte FS, CD Beade e Campito Chapela colocaron aos noieses nunha quinta praza que tentará defender na 24ª data do calendario, na que lle toca visitar unha cancha complicada.


Calabagueiros é o fogar dun Pizarras los Tres Cuñados que, con 17 puntos, ocupa o penúltimo lugar da táboa. Porén, os de O Barco de Valdeorras levan amosando unha melloría sustancial. De obter cinco puntos nos 16 primeiros partidos a 12 nos anteriores seis ao enfrontamento cos brancos, incluidos tres triunfos en liña, antes de caer na última xornada co 5 Coruña FS por 4-0.


Nesas, e a pesar de ser ante un equipo situado na zona baixa, saben no Noia Portus Apostoli B, menos efectivos como visitantes, que se atoparán cun moi esixente encontro, contra un rival que sempre se motiva máis na casa e a unha hora atípica. Barreiras que deberá superar un cadro filialista acostumado a afrontalas, en busca de outros tres puntos importantes nesta Terceira División tan apretada.

Comments


bottom of page