top of page

PREVIA | Noia Portus Apostoli B-ED Vigo 2015 | Comeza o ano para o filial

Duelo ante un rival da zona alta da táboa para dar inicio ao 2022 e peche á segunda volta, iso lle agarda ao conxunto filialista nesta xornada 15.

O encontro disputarase o domingo 9 de xaneiro no Municipal Agustín Mourís, a partir das 18:00 horas.


Regresa tamén a acción para o Noia Portus Apostoli B, que afronta esta fin de semana a última cita da primeira metade do campionato de Terceira División recibindo no Agustín Mourís ao ED Vigo 2015.


Os noieses, situados 11º con 16 puntos na táboa clasificatoria, buscarán pechar cunha importante vitoria a primeira volta ligueira e seguir facéndose fortes no seu feudo, onde levan catro partidos seguidos sumando, sempre co obxectivo de mirar cara arriba que cara abaixo, zona na que os rivais comezan a apretar cada vez máis.


Como cada xornada e a pesar deses datos, sumar desta non será tampouco tarefa sinxela. Os vigueses ocupan unha cómoda cuarta posición con 29 puntos en trece partidos (contan cun aprazado por COVID-19), con nove triunfos, dous empates e dúas derrotas. Mais, precisamente, é como visitante onde encontrou máis dificultades o equipo laranxa, xa que nesa condición chegaron os catro tropezos que acumula.


Novo ano pero mesmas urxencias que no anterior para o Noia Portus Apostoli B: sumar, sumar e sumar puntos no seu casilleiro. A por iso irán por primeira vez en 2022 o domingo 9 a partir das 18:00 horas, cando dé inicio ese duelo da 15ª xornada contra o ED Vigo 2015.

bottom of page