top of page

PREVIA X10 FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Distrito Ventorrillo FS

Os noieses buscarán este domingo 20 a partir das 17:00h volver a gañar despois de dúas xornadas sen facelo.

Chega a décima xornada do campionato da Terceira División para o Noia Portus Apostoli B, coincidindo co seu momento máis delicado ata a data. Con un punto logrado dos últimos seis posibles ante dous dos rivais da zona baixa, os de Palmas buscarán na visita do Distrito Ventorrillo FS retornar á senda do triunfo.


Demasiados espesos contra o CD Beade e excesivamente castigados na viaxe a Redondela, os filialistas acumulan dúas semanas consecutivas con resultado negativo, algo non experimentado previamente e que pon a alarma nun equipo que baixou da terceira á sexta praza con 16 puntos, aínda que tan só a tres do segundo clasificado.


Pero a menos, a dúas unidades, está o 8º. Ese é o rival dos noieses este domingo 20 a partir das 17:00h, o Distrito Ventorrillo FS. Os coruñeses son un dos conxuntos descendidos da Segunda División B e, polo tanto, chamados a estar o máis arriba posible na táboa. Porén, e ao igual que os brancos, tampouco coñecen a vitoria nas dúas últimas xornadas, con empates ante o 5 Coruña FS (5-5) e o Cidade de Narón (2-2).


Ningún lugar mellor para o Noia Portus Apostoli B que o Agustín Mourís para darlle a volta á dinámica dos últimos encontros. Demostrar que esta recente xeira non é máis que un lixeiro tropezo no camiño pasa por comezar coa reacción, tanto no xogo a despregar como no resultado final, canto antes.

bottom of page