Parar a mala dinámica xa pasa por Guitiriz, no encontro da 11ª data da Terceira División que disputarán os filialistas este sábado ás 20:00h no Municipal Jonathan Carro Paz.
Dispostos a curar feridas acudirán os membros do Noia Portus Apostoli B este sábado a Guitiriz, onde se enfrontarán co O Korreo Guitiriz FS en encontro da xornada 11, ao que chegan logo de catro encontros consecutivos sen gañar e unha última derrota abultada na casa.
Que ese 2-8 na visita do Distrito Ventorrillo FS quede en anécdota, nunha mala experiencia aillada, será o obxectivo dun Portus Apostoli B precisado de recuperar puntos (son agora oitavos na táboa con 16 puntos) e, sobre todo, unhas boas sensacións perdidas neste recente mal tramo, que tamén serve para valorar o fantástico inicio de campaña deste grupo novo e esaxeradamente xoven que forman os noieses.
Ademais de polo ben propio, volver ao camiño do triunfo este sábado significaría alonxar na clasificación ao máis cercano rival. O Korreo Guitiriz FS ocupa a novena praza con 15 puntos, polo que este se convierte nun duelo directo, polo menos a estas alturas dun campionato moi igualado, no que os noieses están a seis puntos do segundo. Os guitiricenses veñen de lograr a vitoria na súa visita a Narón por 4-5 e tentarán instalar esa dinámica como locais, onde acumulan catro derrotas e só un triunfo, na xornada 3.
Moitos partidos aínda por disputarse, pero xa se pode falar de que este sábado ás 20:00h en Guitiriz para o Noia Portus Apostoli B hai máis de tres puntos en xogo por varios motivos.
Comentarios