top of page

PREVIA X12 FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Concello de Begonte FS

O filial noiés busca, en partido da xornada 12 da Terceira División, unha vitoria balsámica diante da súa afección.

O Noia Portus Apostoli B quere finalizar o seu “proceso de recuperación” e pechar a xeira de partidos sen gañar este sábado, cando recibirá a partir das 17:00h no Agustín Mourís ao Concello de Begonte FS, en choque da xornada 12 da Terceira División.


Non puido ser a vitoria, pero si un reconfortante punto o que sacou o cadro branco de Guitiriz na anterior xornada, amosando de paso varios minutos de bo xogo, algo que viña faltando nas últimas semanas. Co empate, os noieses deixaron atrás dúas derrotas seguidas e, agora, diante da súa afección, lograr os tres puntos será clave para continuar recuperando a confianza.


Precisamente iso buscará tamén o rival do Portus Apostoli B. O Concello de Begonte FS conseguiu co triunfo da pasada semana diante do Cidade de Narón terminar coa malísima xeira de seis partidos perdidos de forma consecutiva. Castigados, ademais, pola delicada situación na táboa no 14º posto con 7 puntos, os da provincia de Lugo agarraranse a todo para poder sacar algo do Mourís.


De terminar definitivamente con malas dinámicas irá a cousa no parqué do coliseo noiés, que agardan os de Palmas que sexa amuleto e guía para reverdecer xogo e resultados.

bottom of page