top of page

PREVIA X13 FILIAL | Stellae FS-Noia Portus Apostoli B

Os de Palmas visitan Padrón este domingo 11 ás 17:30h na 13ª xornada do campionato da Terceira División, buscando tres puntos de autoridade.

Duelo de rivais directos, segundo marca a táboa, o que lle agarda ao Noia Portus Apostoli B este domingo 11 ás 17:30h, cando visite o Pavillón Grupo Escolar de Padrón, fogar do Stellae FS.


Reforzados polo triunfo e as boas sensacións amosadas a pasada semana ante o Concello de Begonte FS, os noieses enfróntanse nesta 13ª xornada á oportunidade de seguir confirmando a melloría no seu estado de forma, ademais, coa opción de facelo contra un opoñente moi próximo na clasificación.


Nesa comprimida zona medio-alta, sitúase 4º con 24 puntos, 4 máis que o filial noiés que é 6º, o Stellae FS doce partidos despois do seu regreso á Terceira División. Os de Padrón son uns dos “falsos recentemente ascendidos”, que a temporada pasada dominaron na Preferente Autonómica – Grupo Norte para voltar rapidamente á categoría e que posúen calidade e experiencia para estar loitando entre os mellores. Os resultados tamén o evidencian, con cinco vitorias e tres empates nos últimos oito encontros.


Engancharse de novo e canto antes aos primeiros cinco postos da clasificación pasa por partidos como este, para un Noia Portus Apostoli B que sabe que, en Padrón, deberá ser todo o correcto e competitivo posible para sacar adiante a vitoria.

bottom of page