top of page

PREVIA X17 FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Sport Sala FS

Pendentes de coñecer a resolución oficial do partido suspendido en Pazos, os noieses reciben este domingo ás 17:00h ao cadro de Culleredo no Agustín Mourís.

Turno de Xornada 17 para o Noia Portus Apostoli B, que se enfronta este domingo ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís ao Sport Sala FS, un equipo co que só se separa por 6 puntos.


Ou iso reflexa agora mesmo a clasificación, á espera da decisión que a Xuíza de competición adopte sobre a suspensión do partido da pasada semana entre os noieses e o SD Pazos de Borbén FS, que con 14 minutos por disputarse transcorría cun resultado de 3-3.


Esta atípica situación deixa, polo momento, aos brancos aínda coa tarefa de saír da mala xeira de tres derrotas seguida e na 9ª praza con 20 puntos, seis máis que un Sport Sala que é 12º e aspira a sumar un prezado botín en Noia que os faga afastarse desa zona da queima.


Esquecendo o que poida suceder en despachos, os de Palmas, que recuperan a Lucho tras cumprir o partido de sanción, céntranse en realizar unha boa actuación diante dos seus e regresar á senda da vitoria, algo que propiciaría poñer unha tranquilizadora terra de por medio coa parte baixa da táboa clasificatoria.

bottom of page