top of page

RESULTADOS BASE | Fin de semana 12/3 a 13/3

  • Foto del escritor: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 14 mar 2022
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 18 mar 2022



Non houbo sorte para as nosas inferiores nesta xornada, e os catro partidos disputados saldáronse con derrota.


·Despois de empatar un 0-2, dous goles do Santiago Futsal "B" na recta final deron a vitoria aos da capital ante o xuvenil. Os goles dos nosos, que son cuartos na táboa con 18 puntos, anotáronos Roi e Andrés.


·A pesar de adiantarse no marcador, tampouco puido sacar nada o cadete diante do Santiago Futsal "B". Hugo Romero fixo o 0-1 e Fernando o 3-2 definitivo do partido. Con este resultado, os de Julio Moreno son terceiros con catro puntos de nove posibles.


·O infantil realizou un partido moi serio, mais non estivo acertado nos seus mellores momentos e terminou encaixando catro goles do Jogafán Ordes FS. Os dirixidos por Power mantéñense na zona media.


·Os nosos benxamíns dérono todo, pero nos minutos finais acabaron concedendo de máis ante un dos mellores equipos da categoría, o Bertamiráns CF. Fabio anotou o gol noiés.

Comments


bottom of page