RESULTADOS BASE | Fin de semana 14/5 a 15/5



Dúas vitorias, tres derrotas e un partido aprazado deixou a fin de semana da base noiesa.


·Goleada do xuvenil para manterse na segunda posición da fase de grupos da Copa, a unha xornada de que remate. Os goleadores foron Hugo Romero, Luis Viñas, Roi Castro en tres ocasións, Fernando García en tres ocasións e Álvaro Segade en dúas ocasións.


·O cadete tamén asinou un cómodo triunfo contra o Oroso FS CD que lle permitiu comezar con bo pé a Copa. Goles de Luis Viñas cun dobrete, Fernando García tamén por dúas veces, Iván Fernández e Saúl Alcalde. Na tarde deste luns 16, ás 20:15h, os noieses xogan partido adiantado da segunda xornada contra o Alto do Vento FS no Agustín Mourís.


·Cunha contundente derrota iniciou o infantil a Copa a mans do La Salle. Mañá martes ás 11:00h, aproveitando o día festivo das Letras Galegas, disputan o partido da segunda data contra o Victoria FC "A" en Noia.


·Aprazado o encontro do alevín contra o Stellae FS "B" para o próximo domingo.


·Por 3-0 caeu o benxamín na segunda xornada do torneo copeiro diante do CD Compañía de María "B", o que os deixa sen puntos na táboa.


·Polo mesmo resultado, aínda que como local, cedeu tamén o prebenxamín, e quedan na mesma situación que os benxamíns na táboa a unha xornada para terminar a fase de grupos da Copa.