top of page

RESULTADOS BASE | Fin de semana 15/1 a 16/1

  • Foto del escritor: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 17 ene 2022
  • 1 Min. de lectura
Dúas vitorias, tres derrotas e un encontro aprazado na xornada das inferiores do Noia Portus Apostoli FS.
ree

O ano competitivo comezou para a base do club con ambición de continuar o traballo deixado en 2021 e con resultados dispares. Xuvenil, infantil e prebenxamín perderon nos seus respectivos duelos, sendo o alevín e o benxamín os dous equipos que lograron vencer.


Por outra banda, aprazouse o partido do cadete, que se enfrontará finalmente ao Alto do Vento FS o próximo xoves en Noia.


Podes gozar no noso Facebook das mellores imaxes da vitoria do alevín diante de A Estrada Futsal na mañá do sábado 15.


Comentarios


bottom of page