
A segunda semana de encontros para as inferiores do Noia Portus Apostoli FS saldáronse con cinco vitorias e unha derrota. Debutou o xuvenil cun amplo triunfo sobre A Estrada Futsal, e o propio fixo o cadete, que sumou os tres puntos nos dous compromisos que tivo que afrontar entre sábado, ante Compañía de María "A", e domingo, visitando ao Alto do Vento FS.
O alevín e o prebenxamín protagonizaron as outras dúas vitorias da xornada diante do FC Meigas e o San Francisco Teo "A", respectivamente, mentres que o benxamín xogou e perdeu no seu primeiro partido da campaña contra o SD Cacheiras. Esta semana o infantil tivo data de descanso.
Comments