top of page

RESULTADOS BASE | Fin de semana 21/5 a 22/5



As inferiores noiesas puxeron fin ás fases de grupos dos seus torneos copeiros nunha fin de semana de moitísima actividade.


·O xuvenil caeu por 3-6 na visita do Jogafán Ordes FS. Luis Viñas, Roi Castro e Fernando García anotaron os tantos dun equipo que termina na clasificación terceiro de cinco equipos con 6 puntos.


·Non xogou esta fin de semana, pero o cadete conseguiu, froito das súas vitorias nos dous partidos disputados, terminar a súa fase de grupos en primeira praza con 6 puntos, por riba dos 3 do Alto do Vento FS e os 0 do Oroso FS CD.


·As dúas caras da moeda viviu o infantil, goleando o venres ao A Estrada Futsal por 1-10 (goles de Manuel Fernández x2, Adrián Teijeiro, Héctor Agra x3, Xoel Canosa x2 e Carlos Suárez x2) e sendo goleado o domingo polo Victoria FC "A" por 0-10. Finalizan os noieses así terceiros con 3 puntos.


·Na súa fin de semana de tres partidos o alevín saíu cun balance dun empate e dúas derrotas. O venres caeu por 5-2 ante o Atlético Fátima (goles de Fabio Mayán e en propia portería), o sábado igualou 3-3 co Club San Francisco Teo (anotaron Muhammad El Harrar e Roque Albán x2) e o domingo perdeu 9-0 visitando ao Stellae FS "B". Na táboa rematan os brancos cuartos con 4 puntos.


·Derrotou o benxamín ao Villestro SD "B" (dianas de Pablo Seoane x2, Iván Queiro, Alba Casaldoeiro e Samuel Canay) para poñer punto e final á súa fase de grupos terceiros de catro equipos con 3 puntos.


·Igual escenario para o prebenxamín. Triunfo por 0-4 sobre o Club San Francisco Teo "B" e pechan terceiros con 3 puntos.

Comments


bottom of page