Tres vitorias e dous partidos aprazados deixou a xornada desta pasada fin de semana das nosas categorías inferiores.
·Comezou a Copa con bo pé o xuvenil, derrotando con firmeza ao Alto do Vento FS por 5-1. Os goles, de Adriá Casaldoeiro por partida dobre, Andrés Buján e Hugo Romero en dúas ocasións.
·O cadete recuperouse da súa mala xeira de resultados co triunfo por 2-0 sobre o Santiago Futsal "B". Luis Viñas e Fernando García anotaron os tantos dun equipo que agora é cuarto con 11 puntos.
·Completou o pleno en Noia o alevín, co 5-1 sobre o Victoria FC "A". Converteron os goles noieses Muhammad El Harrar, Diego Agrafojo, Fabio Mayán, Roque Albán e en propia porteria.
·Os encontros do benxamín e o prebenxamín en Melide foron aprazados a unha data futura.
Comments