Buscar

RESULTADOS BASE | Fin de semana 5/2 a 6/2

Dúas vitorias, dúas derrotas, un descanso e un aprazado na xornada noiesa.

Outra fin de semana de competición terminada para as inferiores do Noia Portus Apostoli FS, cun balance igualado en canto a resultados.


Dúas vitorias, a do xuvenil contra o A Estrada Futsal cun marcador de 3-6, e a do infantil diante do Cía María Alpanide por 2-1. Dúas derrotas, a do alevín co Atlético Fátima "A" por 0-2 e a do prebenxamín co Atlético Fátima "C" por 0-4. E uneuse ao descanso do cadete o benxamín, que finalmente non xogou contra o Bertamiráns CF.