Tres vitorias e tres derrotas na xornada das inferiores do Noia Portus Apostoli FS, disputada entre o sábado 5 e o domingo 6 de marzo.
·O xuvenil gañou con contundencia na cancha do Oroso FS CD "B" e sitúase terceiro do seu campionato con 18 puntos en 11 partidos.
·Tamén logrou o triunfo o equipo cadete, diante do Alto do Vento FS. Sumado ao empate da primeira xornada desta segunda fase ligueira, escalan ata a segunda praza de seis equipos.
·O AD Codima Compostra cortou a xeira de tres encontros seguidos gañando do infantil, que é terceiro na súa Liga con 9 unidades.
·Goleada do alevín contra o FC Meigas, que o aúpa ata o segundo lugar con 12 puntos e o mantén nunha dinámica de dous triunfos seguidos.
·O benxamín non puido co Alto do Vento FS e continúa buscando os seus primeiros puntos na actual fase da competición.
·Da mesma forma que o prebenxamín, que caeu no Agustín Mourís contra o Racing San Lorenzo.
Comments