RESULTADOS BASE | Fin de semana 9/4 a 10/4



Non foi a mellor fin de semana da base noiesa, que non puido recoller ningún resultado positivo en ningunha das categorías. O xuvenil descansou por segunda xornada seguida.


·Alóngase a xeira sen gañar do cadete, que caeu o sábado por 2-1 diante do Alto do Vento FS. Fernando anotou o gol duns noieses que son agora quintos con oito puntos.


·Nun encontro de goles e alternativas, finalmente non puido sumar o infantil contra o AD Codima Compostra. Os goles brancos no resultado de 4-5 correron a cargo de Fabio en dúas ocasións, Héctor e Xoel. Desta forma, os noieses pechan esta fase ligueira cuartos con 15 puntos.


·Para o alevín, sábado derrota pola mínima diante do AD Codima Compostra por 2-3, coas dianas de Roque e Carla, e domingo partido suspendido pola non presentación do Racing San Lorenzo. Na táboa, tras dúas xornadas e só un partido xogado, os nosos son terceiros sen puntos.


·Fabio conseguiu o único gol dun benxamín que non puido co SD Cacheiras na mañá do sábado.


·1-2 terminou o parcial entre o prebenxamín e o SD Dubra na tarde do sábado no Agustín Mourís.