Buscar

Resultados da fin de semana da base (7/2 a 9/2)

Catro vitorias e tres derrotas na última xornada das categorías inferiores noiesas.


Nova semana de competición terminada para as nosas categorías inferiores con resultados dispares. Tanto xuvenil como cadete non conseguiron sumar, ao caer por 4-2 e 3-2, respectivamente. Xunto co prebenxamín na Liga Local Galicia, protagonizaron as tres derrotas da xornada na base.


As noticias positivas en canto a marcadores protagonizáronas o equipo infantil e o benxamín na Liga Local Galicia, ademais do alevín e o prebenxamín na Liga Xogade FS Noia.


Consulta os resultados: