Buscar

Resultados da nosa escola (14/2 a 16/2)

Seis partidos xogados e dous aprazados na fin de semana das inferiores noiesas.


A base do Noia Portus Apostoli FS retornou ás pistas esta fin de semana, con seis partidos disputados, sendo os dous da Liga Xogade FS Noia aprazados.


Xuvenil, no seu debut na Copa Local Xuvenil, e cadete, na xornada 13 da Liga Local Galicia, conseguiron os únicos triunfos, mentres que o infantil e o prebenxamín non pasaron das táboas nos seus compromisos. No caso do infantil, na tarde do domingo xogaron o seu segundo choque da xornada, caendo ante o Bastavales UD nun partido adiado. A única derrota chegou co equipo benxamín, que non puido no Mourís co Villestro SD "A".


Consulta todos os resultados: