Buscar

Resultados da primeira semana do ano na base

Tres vitorias, tres derrotas e un empate na xornada inaugural do 2020 nas categorías inferiores.



Os máis pequenos do Noia Portus Apostoli FS comezaron o 2020 con sete partidos no pasado fin de semana, entre os que destacan os triunfos do infantil de Álex Pérez e Diego Pérez, do benxamín de "Juve" e do prebenxamín de Pizarro.


Pola contra, o cadete de Julio Moreno caeu pola mínima na súa visita ao Oroso, da mesma forma que o alevín o venres na Liga Xogade FS Noia e o benxamín no primeiro dos seus dous partidos disputados este fin de semana.


Na neutralidade quedou o xuvenil de Pablo López, ao firmar táboas o sábado fronte o A Estrada Futsal no Agustín Mourís cun marcador de 3-3.


Consulta os resultados: