top of page

Resultados da sexta xornada da base

Tres vitorias e dúas derrotas completaron a carta de marcadores colleitada polos equipos das nosas categorías inferiores.


A sexta fin de semana de competición para a base do Noia Portus Apostoli FS deixou un balance xeral de resultados positivo.


O primeiro partido do fin de semana terminou cunha vitoria clara do equipo infantil, que superou na sexta xornada da Liga Local Galicia ao SD Gaiola. Non correrían a mesma sorte os xuvenís, que na mañá deste domingo caían por 2-0 fronte o Oroso FS CD "B".


Pola tarde, nos tres encontros disputados no Agustín Mourís, o benxamín comezaría con derrota ante o Alto do Vento FS, ao contrario que os prebenxamíns, que si serían quen de lograr o triunfo na visita do Victoria FC - Increíbles "C".


Para pechar a tarde e a xornada dos noieses, os cadetes de Julio Moreno fixéronse cos tres puntos grazas ao resultado de 5-1 obtido no seu choque contra o Jogafan Ordes FS.


Consulta aquí os resultados:


bottom of page