Buscar

Resultados da xornada da base (29/2 a 1/3)

Tres partidos disputados e só un triunfo na fin de semana das inferiores.


Debido a que finalmente o infantil non xogou o seu encontro previsto para esta fin de semana, só tres equipos da base noiesa se puxeron sobre o parqué entre o sábado e o domingo.


Na mañá do sábado o cadete de Julio Moreno logrou a única vitoria, ao superar ao Jogafan Ordes por 4-5. Pola tarde, os benxamíns caerían na súa visita ao Alto do Vento.


Para domingo quedaría o envite do xuvenil, que no Municipal Pontepedriña veríase superado polo Vista Alegre CF por 4-1.


Consulta a táboa de resultados: