Un encontro suspendido e catro disputados na fin de semana das categorías.
A segunda semana de competición de marzo finalizou para a base noiesa con catro partidos disputados. O cadete quedouse sen xogar debido á suspensión do seu choque ante o Xuventude Milladoiro.
Pola súa parte, o xuvenil caeu por 5-2 na súa visita ao Oroso FS CD "B", na terceira xornada da competición copeira. Foi a única derrota da fin de semana, xa que o infantil superou ao SD A Gaiola por un resultado de 5-2 e os benxamíns e prebenxamíns tamén conseguiron o triunfo nos seus partidos.
Consulta os resultados:
Comentários