top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a primeira fin de semana do ano!


As categorías inferiores da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS comezaron o 2023 con 3 vitorias, 1 empate e 5 derrotas.


XUVENIL

Cómodo triunfo dos de Daniel Ventoso para manter a carreira de tres no liderado ligueiro. Os tantos noieses na vitoria por 5-0 contra o Oroso FS CD "B" foron obra de Álex Calvo, Luis Viñas e Fernando García x3.



CADETE

Nove vitorias consecutivas despois, os de David Palmas deixaron escapar puntos. Para ser exactos dous, despois de empatar 2-2 na cancha do Colegio Liceo. Fernando García e César Calatayud conseguiron os tantos dun cadro que segue liderando a Liga Galega, pero agora tan só cun punto de diferenza.


Pola parte do cadete de 1ª Autonómica, terceira vitoria consecutiva dos de Julio Moreno, que ascenden ao oitavo lugar da clasificación con 10 puntos. Iván Fernández, cun dobrete, anotou os goles do triunfo por 1-2 na pista do Club Melide FS.


INFANTIL

Dous de dous para o infantil nas dúas primeiras xornadas do Grupo 2 de 1ª Autonómica. O equipo de Pablo Cardoso venceu ao A Estrada Futsal por 1-6, coas dianas de Andrés Campos, Adrián Yáñez, Gabeirl Cutrín x2, Carlos Suárez e Ismael Martínez.



ALEVÍN

Preto de sumar en A Estrada estivo o alevín de Iván Insua na pista do A Estrada Futsal, que terminou levándose a vitoria por un resultado de 1-0. Na Liga Xogade, tamén sorte dispar, con derrota por 7-3 fronte o ED Os Miudos "B".


BENXAMÍN

Chegou o desexado triunfo do conxunto benxamín! Con dous tantos de Luca Santiago, os nosos derrotaron ao Oroso FS CD na cuarta xornada do Grupo 2 da 1ª Autonómica. En cambio, non foi igual en Liga Xogade, competición na que o pasado venres perderon por 5-3 contra o ED Os Miudos "B".


PREBENXAMÍN

Non puido ser para os nosos prebenxamíns, que caeron derrotados no Agustín Mourís por 0-3 contra o Alto do Vento FS.


bottom of page