top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Catro vitorias na fin de semana da base



Dúas en Liga Xogade, unha en Liga Galega e outra en 1ª Autonómica para sumar catro triunfos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS nesta pasada fin de semana.


XUVENIL

Incontestable triunfo do xuvenil en Touro, por un resultado de 2-15. Eloy Gerpe x4, Hugo Romero x4, Álvaro Segade x3, Lucas Pardo, Iago Insua, Hugo Vieites e Álex Calvo foron os autores dos tantos dos noieses, que se manteñen colíderes na táboa con 12 puntos xunto ao Stellae FS e o Oroso FS CD.


CADETE

Intratables siguen os cadetes de Liga Galega de Palmas, que sumaron a sétima vitoria consecutiva ao derrotar ao Hormigones Laracha O Parrulo "B" por 4-0, con goles de Álvaro Fernández x3 e Martín Neo.


Segue sen lograr os primeiros puntos da temporada o cadete de 1ª Autonómica, que non puido contra o AD Codima. O resultado final, unha derrota por 3-0.


INFANTIL

Rematou o infantil de Pablo Cardoso a primeira fase ligueira do curso con derrota na casa do líder por 8-1. Gabriel Cutrin marcou o tanto do cadro noiés, que termina 4º con 6 puntos.


Así foi a segunda xornada para os nosos conxuntos de Liga Xogade

ALEVÍN

Os de Insua lograron o venres o triunfo por 4-7 en Negreira en partido da segunda xornada de Liga Xogade e o domingo caeron contra o líder de maneira contundente, terminando así o primeiro apartado do campionato ligueiro en quinta posición con tres puntos.


BENXAMÍN

Nicolás del Río anotou o único gol do benxamín na derrota por 5-1 fronte o Victoria FC - Dinos "C", en partido que serviu para finalizar a primeira fase ligueira.


PREBENXAMÍN

Rematada a súa participación na primeira fase da 1ª Autonómica nesta xornada de descanso cunha 2ª praza con 9 puntos, na Liga Xogade os máis pequenos lograron vencer ao ED Santa Comba por 0-4.

bottom of page