Xuvenil e cadete de 1ª Autonómica, os dous únicos equipos con partido esta pasada fin de semana, lograron os tres puntos nos seus compromisos.
XUVENIL
O triunfo do equipo de Daniel Ventoso por 1-8 na cancha do Club Melide FS, con tantos de Roi Castro x2, Fernando García x2, Eloy Gerpe, Hugo Romero, Lucas Pardo e Luis Viñas, deixa un triple empate a 19 puntos no máis alto da táboa clasificatoria entre Oroso FS CD, os noieses e o Alto do Vento FS "A", despois de oito xornadas.
CADETE
Segunda semana seguida sumando para o conxunto de Julio Moreno, e esta vez de tres. Primeiro triunfo da temporada, a mans da UD Estrada FS, que os deixa oitavos con 4 puntos. Os goles noieses na vitoria por 4-5, obra de Alejandro Hermida, Jorge Outón, Xoel Canosa x2 e Adrián Yáñez.
Comments