top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Fin ao ano 2022!



...


XUVENIL

Contundente vitoria do xuvenil de Daniel Ventoso por 7-2 sobre o A Estrada Futsal "A" para prolongar a loita no máis alto da táboa ata o ano 2023, onde son colíderes con 22 puntos. Fernando García x2, Hugo Romero x3, Álvaro Segade e Iago Insua anotaron os tantos noieses.


CADETE

Suma e segue o cadete de Liga Galega de Palmas, que mantén o liderado despois de vencer por 0-5 ao CP Casás. Martín Neo x2, César Calatayud, Álvaro Fernández e Fernando García foron os autores dos tantos que deixan ao equipo noiés primeiro con 34 puntos, tres de vantaxe sobre o máis inmediato perseguidor.


Colle máis velocidade o cadete de 1ª Autonómica, coa terceira xornada seguida sumando e a segunda vitoria consecutiva, esta por 7-5 sobre o Club San Francisco Teo. Os goles dos brancos conseguíronos Jorge Outón, Jose Prego, Damián Alborés, Iván Fernández, Alex Hermida x2 e un en propia portería, que serven para escalar á oitava praza con 7 puntos.



ALEVÍN

O equipo de Insua caeu o venres, en encontro da Liga Xogade, por 8-6 en Esteiro. No seu segundo partido da fin de semana, os brancos tamén cederon, nesta ocasión o sábado, contra o Atlético Fátima "B" por 1-5. Iván Queiro anotou o gol dos noieses.


BENXAMÍN

Descansou en 1ª Autonómica pero non en Liga Xogade o equipo benxamín, que caeu por 7-4 en Esteiro fronte a SD Esteirana "A".


PREBENXAMÍN

Dobre compromiso tivo o equipo prebenxamín esta fin de semana que se saldou con dúa derrotas. O venres, contra a SD Esteirana "A" por 1-0, e o sábado, diante do CD Sar Extramundi, por 4-0.

bottom of page