Tres empates, curiosamente co mesmo resultado, unha derrota e unha vitoria foron os resultados colleitados pola base noiesa esta pasada fin de semana.
XUVENIL
Coa mel nos beizos quedou o equipo de Daniel Ventoso, que estivo a uns segundos de lograr un importante triunfo. O tanto de penalti do Oroso FS CD co tempo vencido propiciou o 2-2 final, cos tantos noieses anotados por Hugo García e Luis Viñas que os deixan terceiros con 16 puntos, nunha zona alta da táboa moi comprimida.
CADETE
Primeiro punto da temporada para o cadete de 1ª Autonómica, que ben puideron ser tres de darse por válido un gol pantasma que claramente entrara na portería rival. Alejandro Hermida e Jorge Outón fixeron os goles para o empate a dous tantos definitivo.
ALEVÍN
Descansou en 1ª Autonómica pero non en Liga Xogade o equipo de Iván Insua, que venceu ao ANPA Bergondo por 10-1 no encontro do pasado venres.
BENXAMÍN
Caeu na mañá do sábado en Lamas de Abade o equipo benxamín diante do AD Codima - Acougo por 7-0, en partido da xornada 2 do grupo 2 da 1ª Autonómica.
PREBENXAMÍN
Empate do noso prebenxamín na matinal do sábado no Complexo Deportivo Juan Amigo contra o Oroso FS CD por 2-2.
Comments