RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O cadete empata nun duelo de goles



Rompeuse a xeira de vitorias do cadete de Liga Galega que, porén, segue sen perder. Os de Palmas repartíronse os puntos co Academia 5 Coruña FS "B" nun encontro de alternativas, no que os coruñeses se chegaron a poñer con dous tantos de ventaxa ata en dúas ocasións. Os goles de Fernando García, cun hat-trick, Roi Castro e Miguel Romero permitiron ao cadro branco sumar un punto, o sétimo no seu casilleiro, mais non manter o liderato da táboa clasificatoria, que agora pertence ao CD Compañía de María, con 9/9 puntos.