top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O cadete vence en Narón e regresa ao liderado



Sábado redondo para o cadete de Liga Galega do Noia Portus Apostoli FS. Despois de ceder o liderado na pasada xornada, os de Palmas regresan a esa condición grazas á vitoria no Municipal A Gándara fronte o Cidade de Narón por 2-7 e á derrota do CD Compañía de María a mans do Concello de Begonte FS.


No triunfo noiés en terras naronesas, conseguido con comodidade, anotaron Martín Neo, en dúas ocasións, Fernando García, Edgar García en propia meta, Hugo Veiga, Miguel Romero e Daniel García.


A vindeira fin de semana os noieses visitan, precisamente, ao CD Compañía de María, nun duelo entre 1º e 3º, nunha zona alta na que catro equipos están separados por unn só punto.

bottom of page