Tres vitorias e catro derrotas na xornada da pasada fin de semana nas categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS!
XUVENIL
Contundente triunfo (19-1) do equipo de Daniel Ventoso contra o SD Touro para manterse en solitario no máis alto da táboa clasificatoria con 37 puntos. Anotaron os goles Álex Calvo, Eloy Gerpe x3, Luis Viñas x5, Álvaro Segade x3, Brais Sueiro x2, Hugo Romero x2, Lucas Pardo x2 e Iago Insua.
CADETE
O equipo de Liga Galega manten o ritmo no liderado da clasificación, alcanzando os 47 puntos tras 17 partidos xogados. No desta pasada xornada, venceron ao CD Compañía de María por 4-2, con tantos de Álvaro Fernández x3 e César Calatayud.
Non puido sumar o de 1ª Autonómica na visita do Jogafán Ordes FS "A" ao Mourís, que se levou os tres puntos cun marcador de 1-2. Iván Fernández anotou o único gol dos brancos, que quedan na táboa oitavos con 13 puntos.
ALEVÍN
Dura derrota do conxunto Alevín na visita ao Atlético Fátima "B", a pesar dos tantos de Pablo Seoane e Iván Queiro. Os noieses seguen buscando os seus primeiros puntos no Grupo 2 da 1ª Autonómica.
BENXAMÍN
O equipo Benxamín tampouco puido lograr puntos na súa visita ao Victoria FC - Dinos "C", caendo por 9-1. Carlos Piñeiro conseguiu o gol noiés, e na táboa están sétimos con 3 puntos.
PREBENXAMÍN
Unha vitoria e unha derrota para o Prebenxamín nesta xornada, gañando o venres por 4-0 á SD Esteirana "B" en Liga Xogade e caendo o sábado por 3-1 co EDS Santa Marta no Grupo 1 da 2ª Autonómica, onde se colocan 5º con 10 puntos.
Comments