top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Vitorias de xuvenil e cadete de Liga Galega



Dos sete encontros que houbo para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS esta fin de semana, dous acabaron en triunfo noiés. Así foron todos!


XUVENIL

Na terceira praza, empatados a 9 puntos con primeiro e segundo, se sitúa o xuvenil, logo de vencer por 3-2 ao Alto do Vento FS "B". Os tantos noieses, obra de Pau Codony, Iago Insua e Hugo Romero.


CADETE

Xa son seis triunfos consecutivos do líder da Liga Galega cadete con 25 puntos. Os noieses superaron ao AJ Pombo Hércules por 3-6, con goles anotados por Fernando García x3, Martín Neo, Miguel Romero e Álvaro Fernández.


Pola súa parte, o cadete de Primeira Autonómica caeu contra o Alto do Vento FS "B" por 0-4 e segue buscando os seus primeiros puntos da temporada.


INFANTIL

Impúxose o Atlético Fátima - P. Alto do Vento FS "B" ao infantil no Agustín Mourís por 0-5. Os noieses ocupan a terceira praza da clasificación con 6 puntos.


ALEVÍN

Samuel Canay anotou o único tanto do alevín noiés na derrota por 1-8 fronte o Victoria FC "A". Quintos con 3 puntos se sitúan os de Insua na táboa.


BENXAMÍN

O benxamín caeu por 0-10 no Agustín Mourís contra o Stellae FS e ocupa a cuarta praza de cinco equipos na clasificación.


PREBENXAMÍN

Non puido ser para os máis pequenos da competición da base noiesa, que tiveron esta pasada fin de semana a súa primeira derrota, diante do CD Sar Extramundi. Ambos os equipos se sitúan no alto da táboa con 9 puntos.


Ademais, o pasado venres os nosos prebenxamíns comezaron tamén a súa participación na Liga Xogade, con triunfo por 4-0 contra o SD Esteirana B!

bottom of page