top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Xuvenil e cadete de Liga Galega mantéñense á fronte



Fin de semana con dúas vitorias e cinco derrotas na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS. Os encontros de Liga Xogade foron aprazados.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso manteñen o pulso polo liderado, despois de derrotar ao Stellae FS por 2-4. Os tantos de Hugo Romero, Hugo García x2 e Fernando García deixan aos brancos empatados no coliderado con 28 puntos.


CADETE

O Cadete de Liga Galega voltou á senda do triunfo, nun esixente encontro diante do Los Tres Monos Lago DVSport, que non deu o seu brazo a torcer ata os minutos finais. Os goles de Hugo Veiga e Fernando García x3 desnivelaron o marcador a favor dos noieses, que venceron por 4-2 e continúan á fronte da táboa con 38 puntos.


Dura derrota a encaixada polo Cadete de 1ª Autonómica, por 1-13 a mans do Atlético Fátima. Iván Fernández anotou o gol dun equipo que é 8º con 10 puntos na clasificación.


INFANTIL

O cadro de Pablo Cardoso non puido co líder da clasificación, contra o que caeu por 1-4. Carlos Suárez foi o autor da única diana dos noieses, que son 2º con 6 puntos.


ALEVÍN

Non puido o equipo Alevín de Iván Insua contra o Victoria FC "B", que saiu gañador do encontro da xornada 3 por un resultado de 7-0. Os nosos ocupan a quinta praza da táboa do Grupo 2 da 1ª Autonómica, aínda co casilleiro por estrear.


BENXAMÍN

Carlos Piñeiro adiantou ao equipo Benxamín no seu envite contra o Club Melide FS "B", porén os rivais acabaron remontando o encontro e gañando por 1-2. Na táboa, os noieses son 5º con 3 puntos.


PREBENXAMÍN

Derrota do Prebenxamín diante do Club Melide FS por 3-0, coa que os noieses quedan, ao término da xornada 5, na quinta praza con 4 puntos no Grupo 1 da 1ª Autonómica.

bottom of page